Inmobiliaria

Casa Casa na Rigueira (A Pastoriza)

Descrición xeral breve

Véndese vivenda para rehabilitar, no concello de A Pastoriza, concretamente na Rigueira, no lugar de Adromar. Unha casa antiga, datada de 1910.

Trátase dunha casa tradicional, de planta cadrada, coa madeira, lousa e pedra como materiais principais da construcción.

Cando a visualizamos, o que destaca é a súa fachada de pedra, que é o que mellor se mantén e se conserva. Pola contra o interior necesita unha reforma integral, do mesmo xeito que o lousado.

En canto á distribución da casa, e segundo os datos aportados na escritura, a vivenda ten cunha superficie construída de 196 metros cadrados. Dividida en dous andares, que cada un posúe uns 98 metros.

A vivenda conta con terreo anexo de 2085 metros, xardín diante da casa, muro de pedra ó redor da vivenda, alpendres e garaxe.

Conta con dúas traída de auga, municipal e propia, e tamén con fosa séptica.

Se buscas vivir no rural, e construír o teu fogar, Adromar pode ser o lugar que estás procurando!


196 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.