Inmobiliaria

Casa Casa en Ansemar (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

Estamos a vender unha marabillosa casa rural no Concello de Castro de Rei. Quizais unha das xoias máis prezadas da nosa carteira de inmobles. Unha casa  tipicamente galega, construída con materiais tradicionais de calidade, entre os cales destacan; a  típica pedra da zona, a lousa e a madeira.

Trátase dunha vivenda de 328 metros cadrados divididos en vivenda, cobertizos anexos e almacéns.

A vivenda está estruturada en dous andares, na planta baixa encóntrase o hall, unha zona de estar adicada a biblioteca e zona de descanso, unha cociña e un comedor anexo á mesma. Na planta superior sitúanse  os 4 dormitorios e un baño completo.

No interior do inmoble destaca o bo gusto, a coherencia decorativa e tamén a calidade dos mobles. É unha casa con placa de hormigón e lousado novo.

No exterior da casa, encóntrase uns alpendres ideais para relaxarse. Unha zona de ocio e desconexión.

A vivenda está protexida por un gran muro de pedra. Conta con forno tradicional para cocer e dous pozos de auga.

Ten xardín e terreo, uns 17.154 metros cadrados de pradería e robledal.

Un lugar ideal para vivir unha familia. Ubicada nun entorno rural e libre.

O inmoble sitúase a 20 minutos da capital da provincia, e a 10 minutos de Castro Riberas de Lea. Encóntrase moi ben conectado polas estradas que a rodean!

Se buscas calidade, bo gusto, amplitude, esta é a casa da tua vida!

293 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.