Buscamos compradores a unha espectacular e apaixonante casiña no lugar de Celeirote, na parroquia de Goá, no concello de Cospeito.
Trátase dun inmoble acolledor, inusual e que namora a quen o visita! É unha vivenda chea de recunchos encantados tanto no seu interior como no exterior, fermosos e idílicos que fan desta casa un fogar familiar e tranquilo.
Unha edificación datada de 1950 que conserva a súa esencia de casa rural de aldea a pesares das múltiples reformas feitas. As melloras realizadas foron dándolle cor a unha casa deshabitada, gris e descoidada.
A súa dimensión é de 180 metros cadrados construídos, divididos en 2 alturas. Na planta baixa encontramos a entradiña, un fermoso salón, unha ampla e luminosa cociña coa súa despensa, un dormitorio con baño completo e un acceso a unha zona de almacenaxe, lavandería e garaxe.
Na primeira altura sitúanse 4 dormitorios completos e un baño. Conta con faiado.
Conta cun xardín coidado diante da porta principal, e tamén cunha finca de 5.300 metros, con árbores frutais, flores, horta e zona de lecer. Tamén ten forno antigo para cocer o pan.
Tamén conta con alpendres e garaxe, un pozo e calefacción de gasoil.
Esta casa é ideal para unha familia que procuren a felicidade plena a través dunha vida relaxada e tranquila, xa que o lugar é magnífico con vistas inmellorables.
Se buscas deseño, calidades, xunto con paz e armonía esta é a casa dos teus soños!
180 m²
Praza Maior, 12. Meira
Tlf: 982 330 131
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.