Inmobiliaria

Piso Piso en Rúa Carballo, Sagrado Corazón (Lugo)

Descrición xeral breve

Vendemos un piso moi TOP na rúa Carballo, na zona do Sagrado Corazón. Trátase dunha edificación moi recente, finalizada no 2010 que se sitúase nun entorno tranquilo e agradable.
Ó seu arredor encontramos, moi pretiño, todos os servizos, bancos, supermercados, docerías, bares e a 5 minutos en coche chegamos ó HULA ou ó centro da cidade.

O inmoble transmítese totalmente amoblado, conta con praza de garaxe e trasteiro incluído no prezo.

A vivenda ten 65 metros cadrados construídos, moi ben distribuídos. Ten entradiña, salón-comedor, cociña, despensa con zona de lavandería, dous dormitorios e un baño completo. Todas as habitacións teñen luz, non hai ningunha interior.

Conta con todos os suministros dados de alta, calefacción e auga quente central.  A cota da comunidade é baixiña, 30 euros ó mes. Conta con ascensor.

Esta comunidade ten un garaxe fabuloso, con moi bo acceso e amplo. A praza de garaxe está moi ben. Xusto detrás da mesma encóntrase un rocho, amplo e con repisas, o que lle aporta zona de almacenaxe ó piso.

Se sodes unha parella, e as vosas cargas familiares son escasas, esta pode ser un lugar ideal para vivir.

65 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.