Vendemos unha casiña rural no lugar de Ribadiña, Riotorto. Nunha zona de montaña, verde e onde a tranquilidade é a mellor aliada para o día a día.
Trátase dunha vivenda que está actualmente lista para habitar. Conta con algunha reforma feita nos últimos anos, mais haberá cousiñas para facerlle con delicadeza e coidado, gardando a esencia das casas da zona.
O inmoble conta con 128 metros cadrados distribuídos en tres plantas. Tamén se vende con terreo, cabanón como garaxe e antiga corte de gando edificada en pedra.
A vivenda distribúese na planta baixa en cociña ampla e luminosa, habitación rehabilitada, grande e con baño completo, e despensa.
Na planta superior, 3 dormitorios, unha saliña e un aseo. Tamén conta con desván no faiado.
No exterior, temos un terreo adicado a labranza de aproximadamente 250 metros cadrados.
Se buscas casa e queres habitar no rural, esta pode ser unha moi boa opción!
128 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.