Inmobiliaria

Casa Casa en Abesada, Abeledo (Abadín)

Descrición xeral breve

Vendemos dúas casas de pedra anexas no Concello de Abadín. Ambas foron reformadas, unha delas conta con unha reforma completa, mentres que a outra ten unha semi-reforma feita. Non existe división horizontal e os metros cadrados construídos son 528.

A vivenda que conta coa reforma completa está pendente de amoblar agás a cociña e os baños. Conta con unha zona de terraza exterior, dous dormitorios, dous baños e un salón – comedor.

A outra casiña está lista para habitar, aínda que nalgunhas estancias da vivenda serían necesarias pequenas reformas, nos dormitorios e no comedor principal. Nesta mesma vese que foi unha casa de labranza onde aínda se conservan as cortes do gando e os alpendres para a herba e a maquinaria.

A casa ten acceso asfaltado e conta con zona de finca e xardín pechado periféricamente. Esta superficie é de aproximadamente 1.000 metros a compartir por ambas casas.

Se buscas vivenda no rural, se sodes dúas familias, ou se queres montar unha explotación gandeira, este inmoble en Abadín pode ser ideal.

528 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.