Inmobiliaria

Casa Casa en Foxo (Baleira)

Descrición xeral breve

Temos á venta unha casa no concello de Baleira, exactamente no lugar de Foxo. Encóntrase nun entorno rural e a 2 quilómetros do Cádavo, Lugo. Un lugar ideal para vivir, pretiño de todos os servizos que che pode dar unha vila e ó mesmo tempo enclavada nunha aldea magnífica para poder perderse polos seus camiños e prados.

Este chalé é de planta baixa, ten 121 metros cadrados, está adaptado para persoas con movilidade reducida e  é moi cómodo para levar a vida do día a día.

Conta no seu interior con: cociña, salón-comedor, baño completo, 4 dormitorios, despensa e lavandería. Na parte superior temos o fiado, que está tabicado pero non está destinado actualmente a vivenda.

Agora  a casa está lista para entrar a vivir, non necesita reformas e conta coas subministracións de alta. Consta inscrita no Rexistro da propiedade.

No exterior conta con unha finca aproximada de 8.000 metros cadrados, un xardín magnífico con zona de sombra e un alpendre adicado a garaxe e galiñeiro.

Se estás buscando unha casiña para vivir pola zona, esta pode ser unha oportunidade única! Non dubides en contactar con nós!

121 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.