Inmobiliaria

Casa Casa en Rúa Julio Cachafeiro (Meira)

Descrición xeral breve

A vivenda que vendemos está situada no casco histórico de Meira, concretamente a un dos laterais da nosa famosa e fermosa igrexa do S.XII. É un privilexio para nós, vender unha casa nun lugar tan marabilloso, concretamente un punto meirego con tanta beleza como historia xunta.

Trátase dunha vivenda de 200 metros cadrados construídos. Divididos en dúas plantas. Na planta baixa encóntrase un amplo garaxe e unha zona de almacenaxe na parte traseira. No primeiro andar organízase a vivenda, dividida en cociña tradicional, comedor, un baño completo e tres dormitorios.

A casa tamén ten unha terraza con zona de lavadeiro donde se perciben unhas vistas únicas.

O inmoble conta coa cuberta en bo estado, e actualmente o seu interior pode habitarse, aínda así aconsellamos unha reforma estética para o inmoble do mesmo xeito que cambiar fiestras e engadir un mecanismo de calefacción.

Se buscas vivenda na vila de Meira, pretiño de todos os servizos e nun lugar previlexiado, esta pode ser unha opción moi boa a ter en conta.

200 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.