Inmobiliaria

Casa Casa en Loentia (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

Casa magnífica de pedra situada en Real, Loentia, Castro de Rei, a 5 km escasos do núcleo de Castro Riberas de Lea.
Unha casa para rehabilitar, de amplas dimensións, duns 234 metros cadrados construídos, divididos en dúas alturas.
Na planta baixa conservase a cociña, un dormitorio e as antigas cortes, con acceso á planta superior e a finca que rodea á casa. Na planta de arriba, no baixo cuberta, a distribución é diafana e o piso de madeira está en malas condicións, o que necesita unha rehabilitación urxente, do mesmo xeito que o lousado.
No exterior, conta con dous anexos de pedra ideais para merendeiros ou zonas de lecer. E a finca ten unha dimensión de 2063 metros cadrados.
Conta con traída de auga municipal e luz.
Se buscas vivir no rural, pretiño de todos os servizos, e nunha casiña que vas poder diseñar ó teu gusto, esta pode ser a túa oportunidade.

234 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.