Vendemos unha espectacular casa na Mariña lucense, concretamente en San Xulián, no concello de Ribadeo!
Un lugar tranquilo, moi cerca das praias, envexado por moitos e ó alcance de moi poucos.
Está concretamente a 3 km do casco urbano de Ribadeo, a 1,5 km de Rinlo e a 4,4 km da praia das Catedrais. Só sabendo isto xa mola, verdade? Pois agardade...
Esta vivenda tan chula sitúase nunha parcela duns 4.748 metros cadrados e foi edificada no ano 2007.
A casa conta con 307 metros cadrados construídos, divididos en planta baixa (158 metros), andar superior (109 metros) e garaxe anexo (40 metros).
Queres saber como se distribúe?
Pois organízase da seguinte maneira:
Na planta baixa conta cunha cociña amoblada con despensa, un salón moi luminoso, catro dormitorios e dous baños totalmente equipados.
Na planta superior, un baño, catro dormitorios sen amoblar e un trasteiro grande. Esta planta da vivenda está sen estrear, xa que non foi usada ata o momento.
Tamén conta cun garaxe e un almacén, onde se sitúa a caldeira da calefacción e da auga quente.
O xardín diante da casa é ideal para descansar. Por detrás da vivenda, sendo unha zona máis reservada, conta cun tendedeiro, árbores frutais e mesmo sería unha idea marabillosa a instalación dunha piscina ou dunha zona de ocio.
Gustouche? Como vivenda de verán ou para disfrutar todo o ano?
Aproveita a ocasión e contacta con nós!
Debes saber que se encontra sen cargas e inscrita no Rexistro da Propiedade.
307 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.