Inmobiliaria

Piso Ático en O Cádavo (Baleira)

Descrición xeral breve

Listo para entrar a vivir!

Se queres un apartamento no rural, o Cádavo, concello de Baleira,  pode ser unha opción moi acertada na túa busca!

Preséntovos un ático de nova construción ( ano 2004), que se entrega totalmente amoblado e con moi pouco uso ata o momento, xa que foi a segunda residencia, a casa na que desfrutaron os veráns.

Un apartamento de 79 metros cadrados construídos, con unha terraza que o fai único e envexable.

Xa no interior está organizado da seguinte forma:

Cociña integrada co salón, facendo un só espazo. Ten saída á terraza na que podes deleitarte  coas vistas á unha paisaxe rural e verde.

Ten dous dormitorios completos e un baño completo con ducha.

O piso conta con ascensor, trasteiro e praza de garaxe. Tamén ten calefacción.

Se che gusta vivir no rural, ou contar cunha segunda vivenda nunha vila tranquila, con todos os servizos (colexios, bancos, supermercados, bares...) este lugar pode ser para ti.

Está listo para habitar e disfrutar. Ti a que esperas?

 

79 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.