Inmobiliaria

Casa Casa en Vale (Riotorto)

Descrición xeral breve

Prefires campo ou cidade?

Desta volta propoñémosche unha OPORTUNIDADE única! Unha oferta espectacular para unha vivenda que está lista para entrar a vivir!

Trátase dunha casa situada en Vale, no concello de Riotorto, en Lugo.

Unha casa que foi construída no 2001 cunha dimensión de 175 metros cadrados, divididos en dúas alturas.

Na planta baixa encontramos a cociña totalmente amoblada con mobles de madeira, un salón comedor amplo e luminoso, un dormitorio completo e un baño. Na planta superior hai dous cuartos grandes, un baño completo e un cuarto de almacenaxe.

A casa conta con calefacción, garaxe, rocho e un terreo ideal para ter un horto ou xardín.

Se buscas tranquilidade, rural, natureza, paz e harmonía, ó mesmo tempo que non queres complicacións e obras, esta pode ser a opción máis acertada.

Unha casa lista para desfrutar, a 2 minutos en coche do casco urbano de Riotorto, a 5 minutos en coche de A Pontenova e a 25 da mariña lucense.

 

175 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.