Inmobiliaria

Casa Casa en Seceda (O Courel)

Descrición xeral breve

Preséntovos unha casa marabillosa enmarcada nun lugar impresionante, onde o verde e a natureza inunda todo. Sitúase na aldea de Seceda, que foi declarada ben de interese cultural no ano 1997. Este territorio foi sometido a unha restauración integral co fin de salvagardar o seu valioso patrimonio de arquitectura popular, mellorando así visiblemente o seu aspecto de abandono e converténdoa nun lugar cheo de encanto. Restauráronse fachadas, cubertas, escaleiras e rúas.

Seceda é un perfecto exemplo de aldea das montañas orientais de Galicia, tamén exemplo de adaptación ao medio natural en que se ideou. A materia prima básica para a construción dos seus edificios é a pedra e a madeira da súa contorna, a madeira dos castiñeiros do souto que a rodea e a pedra da lousa e das calcarías nas súas paredes e teitos.

Seceda é unha aldea medieval, un paraíso rural onde vivir e desfrutar, pero tamén pode ser un bo lugar onde emprender, onde ilusionarse e medrar, creando unha forma de vivir arraigada á tradición e o bo facer.

Esta aldea é moi visitada, todos os días podemos ver ducias de camiñantes e viaxeiros con gañas de coñecer este fantástico lugar.

E ti, queres coñecer a fermosa vivenda que presentamos hoxe? Pois presta atención!

Trátase dunha casa de aproximadamente 300 metros cadrados, divididos en tres alturas. A vivenda está nun estado que necesita unha rehabilitación completa, tanto no seu interior como lousado e fachada.

Observamos detidamente os seus corredores, uns balaustres decorados e repenicados que chaman a atención, e que merecen a pena conservar, destacando así sobre a fantástica fachada de pedra tan característica do lugar.

A distribución interior pouco ten que mencionar, xa que se trata de antigas habitacións, destinadas a zonas comúns, cociñas e dormitorios, así como cortes, despensas ou palleiras, e que se conservan actualmente no estado que se observa nas fotografías. Aínda así, calquera que decida habitar esta fermosa casiña terá que modificar, creando novos espazos.

Os actuais propietarios encargáronse de ter a documentación en perfectas condicións, así como de inscribila no Rexistro da Propiedade.

Se buscas un aliciente para decidirte igual este é interesante. Un proxecto de rehabilitación, con licencias e documentación completa para empezar a obrar no que se inclúe, restaurante, un pequeno bar, un apartamento, unha vivenda e unha consulta médica.

Un interesante proxecto que por motivos nunca administrativos nin legais non puido chegar a executarse.

Ti anímaste a vivir no Caurel? Estás preparado para desfrutar da beleza da montaña? Do verde, da natureza?

Se así é, anímate e ponte en contacto con nós!

 

 

 

 

331 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.