Decidícheste, e queres casa con xardín e finca? Esta é a túa!
Vendemos un chalé independente en Crecente, no concello de A Pastoriza, provincia de Lugo.
Trátase dunha edificación construída no ano 1.980 que co paso dos anos, foi sufrindo melloras que a fan unha casa confortable e idónea para habitar!
Unha vivenda de planta baixa, con terreo, exactamente 3.000 metros, con xardín e cultivos, e tamén con unha zona delimitada de formigón arredor da casa, que permite a comodidade para o acceso á mesma e tamén ó garaxe.
A casa actualmente está deshabitada, pero non ten humidades nin se encontra en mal estado, todo o contrario a casa está moi coidada.
En canto á súa organización, conta cunha cociña amoblada, un comedor , tres dormitorios moi luminosos, un baño completo e unha despensa. Tamén ten un pórche que lle aporta illamento e a fai máis cálida.
A casa véndese tal e como se amosa nas fotos. Coas ventás cambiadas de fai pouco tempo e con calefacción de gasóleo instalada.
No exterior encontramos, un garaxe e un pequeno almacén que fai moito servizo. Igual que o pozo de auga que ten a casa e o cuarto das caldeiras da calefacción.
Se buscas casa no rural, con todas as comodidades, e cos servizos moi pretiño, esta pode ser unha xenial opción.
Vai voar, apúrate!
3075 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.