Inmobiliaria

Casa Casa en San Cosme ( A Pastoriza)

Descrición xeral breve

Andas na procura dunha casiña no rural? Pero non queres complicacións e buscas entrar e estreala?

Pois agarda e presta atención, porque esta vivenda pode ser o que a ti precisas!

Preséntovos unha edificación recen rehabilitada, situada nun concello rural, na Pastoriza, provincia de Lugo, e nunha aldea denominada San Cosme de Piñeiro, con poucos veciños pero todos bos! ?

Esta vivenda está nun lugar estratéxico, a 5 minutos en coche de Meira, a 10 do núcleo urbano de A Pastoriza, a 30 minutos á Lugo e a 40 da mariña lucense. 

Trátase dun fogar que foi renovado, xa que o seu aspecto cambiou de fai un tempo para aquí. Un arranxo na edificación, na estrutura, no deseño, na eficiencia enerxética e nos acabados. 

Feito todo con gusto e cariño, para que ti entres e a disfrutes!

Conta cunha superficie construída de 330 metros cadrados construídos, e divididos en tres alturas. No sótano encontramos o garaxe con dous accesos. Alí tamén situamos a zona de caldeiras e un pequeno taller.

Na planta baixa sitúase a cociña,  a despensa, un salón con balcón, dous dormitorios e un baño.

Na planta superior 5 dormitorios, un despacho, un aseo e dous baños completos.

Está enclavada nunha finca de 3.300 metros cadrados. Conta cun almacén que antigamente foron cortes, pero que actualmente se pode rehabilitar para manter unha zona de ocio ou descanso.

Se che interesa, contacta con nós! Apura, que voa!

 

330 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.