Buscas unha casa en Meira? Con terreo e vistas marabillosas?
Vendemos esta casiña na vila de Meira, no barrio da Pena. Un lugar tranquilo, rodeado de natureza e fantástico para vivir.
Aínda non sabemos que é realmente o que ten a nosa vila que namora a todo o mundo, pero ben é certo que unha vivenda nas condicións na que se encontra esta non se atopa todos os días.
Se te achegas ata alí, daraste conta que desprende luz e enerxía positiva a súa ubicación e o seu potencial.
A vivenda sitúase nunha finca de case 1.400 metros cadrados, fértil e acotada. Un lugar idílico para ter animais, un horto ou un xardín con zona de ocio e descanso. Iso xa o deixamos para o gusto do comprador.
Agora falaremos da distribución da mesma e das súas comodidades.
Na planta baixa ou principal, encóntrase a entrada, a saliña, unha grandiosa cociña, un comedor, un baño e unha despensa.
Na planta superior, un baño completo, cinco dormitorios e unha ampla galería soleada.
Tamén conta con garaxe no sótano, e unha zona cuberta de lavandería.
A casa conta con calefacción. Acceso asfaltado diante da casa. É véndese amoblada.
Está a 1 km do centro de Meira, e a 30 km de Lugo. A 45 km da praia.
Se che interesa, contacta con nós!
340 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.