Inmobiliaria

Casa Casa en Paredes (Meira)

Descrición xeral breve

Poñemos esta fermosa casa á venta no barrio de Paredes, no Concello de Meira. Unha casa tradicional de planta rectangular, construída con pedra, madeira e lousa. E ti, buscas casa?

Unha construción datada de 1900 que tivo diversas reformas tanto no seu interior como no exterior. Conta con 344 metros cadrados distribuídos en dúas alturas.

Na planta baixa sitúase, unha entradiña, unha cociña, un salón comedor, unha despensa e un baño completo.

No andar superior atopamos a sala, tres dormitorios e un baño.

A casa está totalmente amoblada e conta con todos os subministros dados de alta: auga, luz, gas...

A maiores a casa conta con garaxe e unha edificación anexa onde hai un almacén e outra cociña máis antiga, ideal para desfrutar en compañía.

Se andas na procura dunha vivenda con un pouquiño de terreo, nun concello rural, pero que teña todos os servizos, atopache a casa que buscabas!!

Ponte en contacto con nós!

344 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.