Inmobiliaria

Casa Casa en Aquilino iglesias (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

O teu soño é unha casiña con terreo nunha zona rural? Un paraíso tranquilo na provincia de Lugo?

Pois non dubides que esta vivenda que che presento hoxe che vai encaixar no que estás buscando. Presta atención!

Unha vivenda en Castro de Rei, na Rúa Aquilino Iglesias. Unha edificación datada de 1967 que sufriu diversas modificacións, que fai que actualmente sexa un fogar para vivir e desfrutar. A vivenda está formada por  unha casa máis antiga  (con placa e lousado en boas condicións) e outra que se encontra totalmente rehabilitada actualmente.

Se algo nos chama a atención desta casa é o terreo que ten, xa que se presenta á venta cunha extensión de fincas de aproximadamente 15.000 metros cadrados. Fincas fértiles ó pe do río, e todas ó lado da vivenda.

A casa conta con alpendres, garaxes, pozo de auga, un forno tradicional, e unha zona plantada na finca que se sitúa detrás da casa.

A vivenda no seu interior está amoblada e totalmente habilitada para vivir. A distribución da mesma é a seguinte:

Na planta baixa encontramos unha gran zona aberta dedicada a cociña, salón e comedor (o que se trata da zona que se rehabilitou recentemente). Tamén un salón completo e un baño. Así como unha habitación, un pequeno trasteiro e unha cociña tradicional.

Na planta superior encontramos 1 baño completo e 5 dormitorios.

Un lugar idílico para unha familia que busque desconectar, vivir tranquilamente e ter os servizos dunha pequena vila como Castro de Rei, no que encontramos, bancos, tendas, bares...

E ti, queres vir vivir ó rural?

 

 

349 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.