Inmobiliaria

Casa Casa en Casasnovas (Meira)

Descrición xeral breve

Buscas unha vivenda humilde para rehabilitar e facer dela o teu fogar? Pois presta atención a este anuncio!

Mel inmobiliaria preséntache esta vivenda en Meira, no barrio das Casasnovas. Trátase dunha pequena propiedade na que se enclava unha casa que necesita arranxos e cariño, para converterse nun xeitoso fogar.

Unha casa que non ten moito terreo, un pequeno xardín diante da porta principal de acceso, situada moi pretiño da vila, onde encontrarás todos os servizos que che fan falta para o teu día a día.

A casa está nunha zona tranquila, sen ruídos e con escasos veciños.

Trátase dunha casa de pedra, que a pesar de estar lucida por fóra, na realidade observamos os muros anchos que nos leva a descifralo. Unha casa tradicional que na súa construción se empregou lousa e madeira tamén.

A vivenda necesita ser habitada canto antes, e con iso que se rehabilite. A distribución actual é a seguinte:

Cociña tradicional, entradiña e un leñeiro na planta baixa da casa. No andar superior dormitorios e baños.

A casa conta con garaxe.

Se é o que procuras, contacta con nós!

 

 

191 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.