Inmobiliaria

Casa Chalet en Castro Riberas de Lea (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

Presentámosvos un chalet adosado no centro urbano de Castro Riberas de Lea, pretiño do colexio e do instituto. Céntrico e con todos os servizos.

Unha vivenda a estrear, que foi edificada no ano 1998 pero que nunca foi habitada.

Conta cunha superficie de 286 metros cadrados, divididos en 4 alturas, planta baixa e 3 máis.

A distribución é a seguinte:

Na planta baixa, garaxe, un aseo e unha terraza aberta.

Na primeira planta, cociña, salón e un baño.

Na planta superior dous baños e dormitorios.

E no baixo cuberta unha zona aberta, que serve para zona de ocio, para un pequeno ximnasio, outro dormitorio...

Gústache vivir nunha vila, pero prefires unha casa que un piso? Pois esta vivenda pode encaixarche xenial!

Pretiño de Lugo, a escasos 15 minutos en coche.

A casa conta con auga, luz e calefacción individual de gasoleo.

A vivenda está inscrita no Rexistro da propiedade.

E ti, andas na procura dunha casiña así?

 

 

286 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.