Inmobiliaria

Casa Casa en Pacios (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

 

Desta volta viaxamos ata un concello veciño, en concreto a Castro de Rei. E visitamos o lugar de Feal, en Pacios. Un barrio tranquilo, agradable e rural no que se ubica a vivenda que a continuación describimos e poñemos á venta.

Presentamos entón unha casa que data de 1955, ben conservada, que sufriu modificacións e melloras, que se encontra habitable e en perfectas condicións de uso actualmente. Conta con unha superficie construída como vivenda de 226 metros cadrados, e a maiores ten alpendres e garaxes. Tamén unha nave, que antigamente era onde se encontraba o gando.  As construcións agrarias e os garaxes suman un total de 354 metros cadrados.

Están situadas todas as edificacións nunha parcela de 18.754 metros cadrados. Un luxo ter un terreo tan grande e tan pretiño do fogar. Podes nel plantar un horto, un xardín ou explotalo para unha actividade agraria...

En canto á vivenda está coidada por fóra e por dentro. A casa está construída con materiais actuais, formigón, ladrillo e lousa. Conta con placas de formigón e encóntrase lousada recentemente.

No interior, na planta baixa sitúase a entradiña, unha cociña amplía e luminosa, un baño adaptado, tres despensas, un salón e unha amplo comedor.

Na planta superior temos cinco dormitorios.

A edificación conta con ventanas novas e con calefacción de gasoleo instalada.

E ti, buscabas unha casiña así? Ponte en contacto con nós!

 

 

226 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.