Inmobiliaria

Casa Casa en Muimenta (Cospeito)

Descrición xeral breve

Vendemos esta fermosísima casa no concello de Cospeito, no lugar de Reigosela, en Muimenta.

Unha vivenda que antigamente era un muiño, conta con  120 metros cadrados construídos nun terreo de 1000 metros.

Trátase dunha casa de luxo, acomodada e con todo detalle. Construída con mimo e dedicación, e con moito gusto tanto no interior da vivenda como no entorno que a rodea.

Unha casa rehabilitada durante o 2017. De pedra, formigón, ladrillo, lousa e  madeira. Unha construción excelente e moi ben illada, xa que o entorno é fermoso por estar ó lado do río pero frío e húmido. Aínda así, a casa ten unha gran eficiencia enerxética garantizada.

A vivenda está distribuída desta forma. Na planta baixa, cociña luminosa e soleada, un amplio salón, un baño completo, un dormitorio dobre e un estudio. Na planta superior unha suite con baño.

A casa conta con calefacción, ventás e portas de PVC, mosquiteiras, cheminea de leña, véndese totalmente amoblada, con electrodomésticos de gama alta en toda a vivenda, armarios feitos á medida, grifería e baños de alta calidade...

No exterior conta con un local habilitado para ocio e visitas. Con cociña completa de madeira, con electrodomésticos e servizos. Tamén con sauna e jacuzzi. Nesa mesma edificación tamén hai un taller e unha zona de almacén.

A casa tamén conta con un xardín coidado e decorado e un garaxe para un vehículo.

É unha casa con encanto, con un porche para desfrutar dos días de primavera e verán.

Un lugar ideal para vivir, que é envexado por todos. Sen veciños ó lado, pero ó lado dos servizos da vila de Muimenta.

Se queres visitar esta fermosa casa, ponte en contacto con nós.

 

120 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.