Inmobiliaria

Casa Chalet en Santa Leocadia (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

Está á venta esta fermosa casa no lugar de Santa Leocadia, no concello de Castro de Rei.

Unha casa de 137 metros cadrados construídos ubicados nunha finca de aproximadamente 4.350 metros cadrados.

A casa véndese amoblada e rehabilitada, ideal para aquela familia que non queira saber nada de obras, e só busque entrar a vivir e desfrutar do seu fogar.

Actualmente a casa conta con dúas vivendas independentes. Unha delas na planta baixa e outra no primeiro andar. Na planta baixa, encontramos un espazo aberto no que se ubica a cociña, e o salón- comedor. Tamén dous dormitorios dobres e un baño completo.

No andar superior, sitúase unha cociña tradicional, luminosa e amoblada, dous dormitorios, unha saliña-comedor e un baño completo.

A casa conta con un trasteiro no baixo cuberta.

No exterior da vivenda encontramos unha edificación no que se ubica o garaxe (para 2 coches), un pozo de barrena, un lavadoiro, dous leñeiros e dous rochos. Tamén o depósito e a caldeira da calefacción.

Se aínda che quedan dúbidas, ten en conta:

  • Casa independente con xardín e terreo.
  • Lousado e baixantes cambiadas.
  • Casa con placas de formigón.
  • Fiestras novas.
  • Chimenea de leña e cociña de leña.
  • Inscrita no Rexistro da Propiedade.

Non te quedes coa dúbida, e fai unha visita. Non defrauda!

 

 

137 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.