Inmobiliaria

Casa Casa en Praza Igrexa (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

Vendemos casa en Castro de Rei, na zona máis fermosa da vila, na praza da Igrexa. Un lugar con moito encanto, un lugar único, coidado e marabilloso, que o fai ideal para levar unha vida tranquila e relaxada na vila.

E ti, buscas unha casiña de pedra que teña xardín? Pois, desexo concedido.

Desta volta presentamos unha vivenda rural que data de 1900. Foi construída con materiais tradicionais, lousa, madeira e pedra, que a fan única e especial. Dende aquela sufriu modificacións e foi rehabilitada. Conta cunha superficie construída de 193 metros cadrados.

A casa está distribuída do seguinte xeito. Na planta baixa, entradiña, cociña amoblada, un pequeno salón, un dormitorio e un baño completo. Na planta superior, catro dormitorios e un acceso a un fermoso corredor.

O xardín ó lado da casa é ideal para ter un horto, ou mesmo como zona de ocio e descanso. A parcela conta con 698 metros cadrados.

E ti, buscabas casa? A que esperas? Contáctanos!

 

 

193 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.