Inmobiliaria

Casa Casa en Rioxoan, Balonga (Pol)

Descrición xeral breve

Poñemos á venta esta fermosa casa no lugar de Rioxoán, no concello de Pol. Unha casa construída no ano 1988 con materiais de primeira calidade. A vivenda ubícase nun núcleo rural, nunha zona tranquila con parques e zonas axardinadas, moi pretiño de Meira e Baleira onde podemos encontrar todos os servizos que necesitemos a escasos minutos en coche: bancos, supermercados, colexios, centro de saúde, tendas...

A casa conta cunha superficie construída de 267 metros cadrados distribuídos en tres alturas. No soto  da vivenda ubícase o garaxe, a zona de caldeiras, e unha barbacoa, ideal para facer xuntanzas. Na planta principal e no baixo cuberta sitúanse todas as estancias da casa. Na planta baixa encontramos a entradiña, unha ampla cociña totalmente amoblada, con cociña de leña e mesa de mármore ó seu arredor. Tamén un amplo salón-comedor con cheminea, dous dormitorios, un baño completo e unha despensa. Na planta superior, hai dous dormitorios e un baño con ducha. 

Este chalé é ideal para unha familia que queira vivir rodeada de natureza. Unha casiña ben xeitosa cun xardín acolledor. E ti, a que agardas para vir a vela?

Antes de rematar, deixovos datos interesantes:

  • A vivenda consta inscrita no Rexistro da Propiedade.
  • Conta con calefacción de gasoleo.
  • Ten traída municipal.
  • Esta edificación é semellante a outra vivenda que está a escasos metros, podemos dicir, que son casas xemelgas. Inicialmente estaban na mesma parcela, hoxe cada casa é independente e o terreo de cada unha delas tamén o é. Todo está rexistrado e catastrado.

A verdade é que é un luxo presentar esta vivenda, porque non defrauda.

 

 

267 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.