Véndese casa no lugar de Vilameá, no concello de A Pontenova, un entorno tranquilo e agradable ideal para vivir en familia.
A vivenda conta con dúas plantas; na planta baixa atópase unha cociña-comedor, un baño, un dormitorio e unha despensa, mentres que na planta superior hai un dormitorio, un salón con cheminea e un baño completo. A casa ten unha superficie construída de 105 metros cadrados e está situada nun terreo duns 3.500 metros cadrados que inclúe un fermoso xardín con árbores, flores, dúas fontes e un porche na entrada que convida ao descanso e á desconexión. No xardín tamén se atopa un zona de descanso independente con dous dormitorios e un baño, perfecto para acoller visitas ou como espazo adicional, así como unha zona de ocio equipada con cociña e parrilla, ideal para desfrutar en boa compañía.
A propiedade dispón de tres entradas para vehículos, o que facilita o acceso e a comodidade no día a día.
A casa está inscrita no Rexistro da Propiedade, ofrecendo así total seguridade xurídica na súa compravenda.
Unha oportunidade única para establecerse nun entorno natural, acolledor e ben comunicado, listo para entrar a vivir. Preto da mariña lucense, e a 5 km do casco urbano de A Pontenova, ideal para facer compras e empregar os servizos urbanos que poidas necesitar.
136 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.