Inmobiliaria

Casa Casa en Samesugueiros (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

¡VÉNDESE ESPECTACULAR CHALÉ CON TERREO EN CASTRO DE REI – UNHA XOIA ÚNICA!

Se estás a buscar unha vivenda ampla, confortable e rodeada de natureza, esta é a casa dos teus soños no concello de Castro de Rei, nunha amplia finca 3487 m².Trátase dun magnífico chalé de 291 m² construídos distribuídos en tres alturas, comunicadas todas elas mediante ascensor.

A súa distribución é a seguinte:

 Planta baixa:

  • Moderna e luminosa cociña totalmente equipada, con acceso directo ao xardín.
  • Salón amplo con lareira, ideal para momentos de lecer e reunións familiares.
  • Ximnasio, biblioteca e aseo.
  • Conta tamén cunha segunda cociña e despensa.

 Primeiro andar:

  • Tres dormitorios, un deles tipo suite con baño completo e vestidor.
  • Outro baño moi amplo, equipado con ducha de hidromasaxe.

 Andar baixo cuberta:

  • Zona de descanso con dous dormitorios adicionais e un baño completo.

 Espazo exterior excepcional:

  • Finca de 9300 m², composta por:
  • Unha coidada zona axardinada de 1.114 m², con espazo de estar e lecer, ideal para xantares e celebracións ao aire libre. Conta con sauna para eses días de máxima relaxación e tamén con un garaxe/almacén.
  • Unha área de 8186 m² con árbores froiteiras, perfecta para gozar da natureza e da tranquilidade, con pozo, fontes e grifos para riego.Unha zona limitada por o río que trasmite, paz, melancolía e tranquilidade absoluta.

A vivenda consta inscrita no Rexistro da Propiedade, libre de cargas, con todos os subministracións dados de alta e lista para habitar e gozar desde o primeiro día.

 

A vivenda véndese amoblada, aínda que algúns mobles non están incluídos no prezo e estarán suxeitos a excepcións.

 

Esta propiedade é unha auténtica xoia, ideal tanto como residencia habitual como para escapadas en familia ou con amizades. Se buscas tranquilidade no rural, pero con acceso ós servizos urbanos ó pé da casa, este é o teu lugar.

 

Se estás interesado/a, non dubides en poñerte en contacto connosco.

291 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.