Inmobiliaria

Casa Casa en Bendia (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

Oportunidade única para quen desexe crear o seu propio fogar!

 

Ponse á venda unha auténtica casa de pedra situada no lugar de Bendia, en Castro de Rei, construída no ano 1900 con madeira, lousa e pedra, que conserva toda a esencia da arquitectura tradicional galega. A vivenda, de dobre altura é para rehabilitar por completo, e ofrece unha distribución chea de posibilidades: na planta baixa atópanse a cociña, o forno de leña, as antigas cortes e unha entradiña con chanzos grandes de pedra que a fan única, mentres que na parte superior se sitúa a zona de descanso, perfecta para deseñar ao teu gusto.

A casa de 206 metros cadrados, conta cunha fermosa entrada axardinada con porta de postigo, e na parte traseira dispón dunha ampla finca de 1.000 m², ideal para crear un espazo de lecer, horta ou xardín privado. A súa localización é inmellorable, a só 5 minutos en coche de Castro Riberas de Lea, onde atoparás todos os servizos, e a 20 minutos do centro de Lugo, combinando a comodidade da proximidade coa tranquilidade e o silencio do rural.

 

Un inmoble cheo de historia e con enorme potencial, perfecto para quen queira vivir no campo sen renunciar á boa comunicación, ou para gozar dun refuxio de verán con auténtico sabor rural. Non perdas a oportunidade de darlle unha nova vida a esta casiña!

206 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.