Inmobiliaria

Casa Casa en Rielo en Vilar de Mouros (Meira)

Descrición xeral breve

Se buscas tranquilidade, espazo e unha vivenda cómoda nun entorno rural con encanto, esta propiedade pode ser o que estabas esperando.

Véndese preciosa casa situada en Rielo, a escasos 5 km do casco urbano de Meira, nunha zona moi tranquila, ben comunicada e ideal tanto como vivenda habitual coma para segunda residencia.

A vivenda foi rehabilitada recentemente, polo que non precisa reformas nin investimentos adicionais. Conta con lousado novo, ventás renovadas, exteriores e interiores reformados, instalación eléctrica completamente nova e todos os suministros dados de alta. Ademais, véndese amoblada, lista para entrar a vivir desde o primeiro día.

A propiedade dispón dunha ampla finca de aproximadamente 6.300 metros cadrados, perfecta para desfrutar do aire libre, crear unha zona de lecer, ter animais ou incluso unha pequena explotación. Tamén conta con garaxes e alpendres, ofrecendo múltiples posibilidades de almacenaxe e uso.

Outro aspecto moi importante é que a casa está rexistrada, algo fundamental á hora de solicitar financiamento ou realizar calquera xestión con total tranquilidade.

Unha vivenda ideal para familias, para quen queira escapar do ruído da cidade ou para aquelas persoas que valoran a comodidade de atopar unha casa xa preparada para vivir, nun entorno natural privilexiado.

Moi boa ubicación, preto de Meira e con bo acceso durante todo o ano.

Para máis información ou concertar unha visita, contactar sen compromiso.

150 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.