Inmobiliaria

Casa Casa na Avenida de Lugo (Meira)

Descrición xeral breve

Encontrámonos ante unha vivenda situada no casco urbano do concello de Meira. É unha casa con historia e encanto, datada de 1.830 segundo catastro.

A vivenda necesita unha reforma integral no seu interior. Tamén é necesario lousar de novo e mudar as fiestras, sendo estes aspectos fundamentais para facer vida na mesma.

Conta con unha superficie construída de 330 metros cadrados, 145 de almacén e 185 de vivenda. Tamén cabe destacar a finca anexa a vivenda pola parte traseira, de pequena mesura.

En canto á división da vivenda no seu interior, encóntrase da seguinte maneira:

Na planta baixa, cociña amoblada e hall, con entrada o que foron as antigas cortes dos animais da casa.

No andar superior, dúas habitacións, un baño e un salón comedor.

No tocante á situación da vivenda, é un privilexio, ó lado do rio e cunha área recreativa ó seu arredor para poder desfrutar.

Cabe destacar da vivenda:

Construción tradicional: Pedra, madeira e lousa

Cociña de leña

Finca anexa

Situación do inmoble

Pode darse máis altura a vivenda se se quere rehabilitar.

330 m²

2 Dormitorios

1 Baños

Descrición xeral das funcións

  • Finca

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.